Celi vaise de vacacións cunha gran festa infantil

Publicado o 3 de Xullo de 2019
Despois dun curso cargado de actividades, o noso pequeno extraterrestre Celi vaise de merecidas vacacións a percorrer distintos recunchos do mundo. E para despedirse de todos os seus pequenos amigos, organiza unha festa infantil que servirá para comezar o verán ao grande.
Será o vindeiro sábado día 6, de 17:00 a 21:00 horas, cando o centro comercial converterase nunha gran zona de xogos e atraccións gratuítas con inchables, pista americana, touro mecánico, wipe out, piscina de bólas para os máis pequenos e moitas sorpresas máis.
Para gozar gratis de todas as actividades, será necesario ser socio do Club de Celi e recoller unha pulseira no Punto de Atención ao Cliente da planta baixa de As Cancelas. Os nenos e nenas que aínda non sexan socios do club poderán inscribirse de forma gratuíta no propio centro comercial en calquera momento e gozar igualmente da festa.
Agardámosvos a todos!