Celi vai de vacacións!
Despois de moitos meses de diversión, actividades e xogos cos nosos visitantes, a nosa querida mascota Celi vaise de vacacións ata o final de verán para gozar dunhas semanas de descanso en distintos lugares do mundo. Pero antes de irse, Celi quere despedirse de todos os seus amigos e amigas cunha divertida sesión de peloteo no seu chutómetro, que tamén cerrará as súas portas o día 14 de xullo. Só por participar lévaste un fantástico agasallo!