Celi regala 1.500 libros aos seus amigos e amigas
O 21 de abril, Día do Libro, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, foron datas sinaladas para Celi, a mascota do centro comercial, nas que o simpático extraterrestre saíu de As Cancelas para visitar aos seus amigos e amigas e regalarlles un libro coas súas aventuras.
Acompañado de Pere Tobaruela, recoñecido contacontos e autor de ‘Celi, camiño das estrelas’, a mascota de As Cancelas visitou en distintas datas o Centro de Educación Especial A Barcia, a planta de Pediatría do CHUS, o CEIP Monte dos Postes, a Escola Infantil Xirandola, o Colexio da Milagrosa, o Colexio Infantil de Milladoiro e o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.
Ademais, o Día do Libro tamén se regalaron libros no local do Club de Celi, e con motivo do Día das Letras Galegas, a mascota desprazouse ao estadio de San Lázaro para repartir libros aos nenos participantes no circuíto infantil da Carreira Camiño das Letras Galegas.