Celebramos un Aniversario de 10 cunha chea de regalos

Esta fin de semana, as túas compras en As Cancelas poden ter un premio especial de aniversario! Como lees: poñemos o broche final á celebración dos nosos dez anos sorteando fabulosas tarxetas regalo para gastar nas nosas tendas entre todos os nosos clientes.
Os días 18 e 19 de novembro, de 11 a 14h e de 17 a 21h, pasa polo stand, presenta os teus tickets de compra de 20€ ou máis e elixe unha das chapas que forman o 10 do noso aniversario. Poderás descubrir ao momento se conseguiches premio! Se non eres un dos afortunados, no te preocupes, porque levarás a casa unha fantástica chapa coa que conmemoramos a celebración.