Celebramos o Día do Solteiro cun gran sorteo!

Si, sabémolo. O Nadal están ao virar a esquina e deica pouco terás que aguantar a todos eses familiares molestos que te acosan a preguntas: “E cando vas a botar noivx?” “Estáseche pasando o arroz, non vas casar nunca?” “E o bebé para cando?”. O que eles non saben é que ti vives felizmente coendo o último anaco de pizza, sen que ninguén che roube o edredón polas noites e sen aguantar a sogros pesados que queren facerche a vida imposible. En definitiva, estar solteiro é UNHA BENDICIÓN.
O 11 de novembro queremos conmemorar o Día do Solteiro como se merece: con orgullo! E, como imos celebralo? Cun sorteo moi especial dedicado especialmente para vós, compañeiros de batalla. Queres levar un ano de chuches gratis para compartir con… NINGUÉN? Só tes que seguir estes pasos:
- Seguir a conta de Instagram de As Cancelas.
- Deixar un comentario na publicación do sorteo mencionando a un solteiro de ouro e elixindo o teu plan favorito.
- Compartir a publicación en stories para ter unha participación extra.
O prazo para participar termina o domingo 13 de novembro. Moita sorte a todos/as!
GAÑADORA:
- @carolroma45