Celebramos o Día do Pai regalando caricaturas
Este ano desde As Cancelas queremos ofrecer un regalo moi orixinal para celebrar o próximo Día do Pai: unha caricatura para papá! Garda os tickets das túas compras realizadas os días 15, 16 e 18 de marzo no centro comercial, por valor igual ou superior a 30 euros, e preséntaos no stand da promoción para posar ante un caricaturista e levar a casa un divertido retrato.
O horario de funcionamento do stand, que estará situado no andar baixo de As Cancelas, será de 17:00 a 21:00 horas o venres 15 de marzo, mentras que o sábado 16 e o luns 18 o horario será de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Non te quedes sen o teu orixinal regalo!