Celebramos o Día das Letras Galegas cun sorteo
O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, e este ano homenaxea á autora de literatura infantil e xuvenil María Victoria Moreno Márquez, que escribiu tamén co pseudónimo de Peregrina Pérez. Desde As Cancelas non queriamos desperdiciar esta data tan especial para colaborar coa festa da literatura, por iso sorteamos nas nosas redes sociais un lote de libros desta escritora nada en Cáceres que elixiu escribir en galego por amor á nosa lingua. Síguenos en Facebook, Twitter e Instagram para saber como conseguir algunhas das súas mellores obras.