Celebramos a Gran Festa da Empanada Galega

Este ano, conmemoramos o Día de Galicia poñendo en valor un dos pratos máis famosos da nosa gastronomía: a empanada. O próximo martes 26 de xullo, contaremos en As Cancelas cunha empanada xigante de 3,6 metros cadrados (3 metros de longo por 1,5 metros de ancho), unha auténtica delicadeza… ao grande!
A empanada poderase degustar de 12 a 14h e de 19 a 21h na planta baixa do centro comercial. Para iso, non será necesario presentar ningún ticket de compra, xa que a degustación será totalmente gratuita para todo aquel que queira probala. As racións de empanada entregaranse ata fin de existencias.
Esta gran festa da empanada realízase en colaboración coa empresa de economía social Lamastelle, que conta con máis de 40 anos de experiencia na fabricación de productos de panadería e pastelería. Esta empresa pertence á sociedade sen ánimo de lucro COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e está comprometida co fomento da integración no mercado laboral de persoas con diversidade funcional.
Agardámoste!