Celebramos a Black Friday Night ao grande
Aínda non o sabes? O Black Friday está á volta da esquina e en As Cancelas celebrámolo por todo o alto.
O próximo venres 29 de novembro a partires das 19h, ademáis de todos os descontos que poderás atopar nas nosas tendas, organizaremos obradoiros de moda e beleza, haberá música a cargo de DJs, aperitivos para todos os nosos visitantes e outras animacións, como un simulador de Moto GP en colaboración con Red Bull.
Contaremos con degustacións gratuítas de algodón de azucre e flocos de millo, do espumoso Alma Atlántica da adega Martón Códax, de vermú Nordesía e do aceite de oliva galego Galeo. Ademais, gozaremos de varias actuacións de baile a cargo das escolas Siliria Dance e Pasito de Baile, e da academia Santango.
E iso non é todo, porque polos corredores do centro comercial andarán faunos xigantes, o dragón Otto e a súa princesa e un transformer dirixido por un científico loco que farán que as compras do Black Friday sexan aínda máis divertidas.
Agardámoste este Black Friday en As Cancelas para pasalo en grande!