Celebramos 10 anos ao teu carón con moitas sorpresas

Este ano cúmprense 10 anos desde que abrimos as nosas portas por primeira vez. Desde entón, compartimos alegrías, ilusións, diversión, emocións, risas e soños. Construímos recordos. Superamos obstáculos. Vivimos momentos inesquecibles. E agora queremos celebrar a nosa primeira década de historia xunto a todos vós, ao grande. Estades preparados?
Comezamos agradecendo a vosa confianza durante todo este tempo regalando 15.000€ en premios. E é que do 8 de abril ao 30 de novembro, buscamos aos nosos clientes de 10! Serás ti un deles? Presenta os teus tickets de compra de 20€ ou máis de calquera establecemento no punto de Atención ao Cliente e entrarás no sorteo de 10 tarxetas regalo de 100€ cada mes. Pero iso non é todo, porque ademais con eses mesmos tickets, estarás a rexistrar a túa participación para o gran sorteo final que realizaremos en novembro dun ano de compras gratis, imaxínaste poder conseguilo?
Doutra banda, e para ofrecervos unha experiencia de visita de 10, renovaremos moitos dos servizos ao cliente xa existentes e poñeremos en marcha outros novos entre os que destaca a instalación dunha zona de lectura infantil en galego xunto á casa de Celi. Tamén regalaremos bolsas de tea deseñadas en exclusiva para o aniversario coa intención de reducir o uso de plásticos e fomentar o coidado do medio ambiente. Outra das iniciativas destacadas neste ámbito será a posta en marcha dun punto solidario no que se canalizarán distintas iniciativas ao longo dos meses e no que terán especial cabida as asociacións locais.
Pero iso non é todo, xa que durante os próximos meses o lecer terá un papel protagonista nesta gran celebración. Ademais de reforzar a casa de Celi con actividades especiais, o venres 8 de abril daremos a badalada de saída a un completo programa de concertos, monólogos e espectáculos para toda a familia, coa actuación da banda Dixie Kings. Ás 20 h deleitarannos cun concerto de música jazz estilo New Orleans, pero antes, percorrerán o centro comercial poñéndolle ritmo á tarde cuns animado pasacalle.
Como parte da vinculación que sempre mantivemos coa nosa contorna, inscríbese o acordo de patrocinio do acontecemento cultural máis importante de Galicia, que pechamos xunto a Xacobeo, en torno ao cal se deseñarán actividades específicas e que centrará parte dos eventos do décimo aniversario.
Ademais, aproveitamos esta data tan especial para estrear unha nova imaxe máis atractiva, máis completa e máis accesible, que se verá reflectida en todas as nosas comunicacións, así como en redes sociais, web ou pantallas dixitais. Pero aínda nos quedan moitas sorpresas por desvelar.
Se non vos queredes perder nada, permanecede atentos á nosa web e redes sociais.
Xuntos somos de 10!