Celebra o Día da Nai co noso kit de festa
Polo seu agarimo, pola súa dedicación, pola súa paciencia, polos seus consellos, pola súa entrega… Sóbrannos as razóns para celebrar o Día da Nai ao grande o vindeiro domingo 3 de maio. E como este ano, tocounos vivir o día dunha maneira diferente, traémosvos un fantástico kit imprimible con todo o necesario para consentir a mamá nesta data tan especial. Banderines para montar unha grilanda, etiquetas para decorar, papel de carta para dedicarlle unhas bonitas palabras ou unha insignia para que lembre en todo momento que é unha súper mamá. Saca as tesoiras, o pegamento e un pouco de corda, e a celebrar!