En outubro, ven divertirte con nós á Casa de Celi!

Publicado o 30 de Setembro de 2021

En As Cancelas gústanos que os nosos pequenos visitantes o pasen xenial cando veñen de visita ao centro comercial, polo que a partir do 1 de outubro, todos os venres e sábados contaremos con actividades gratuitas no novo espazo da nosa mascota ‘A Casa de Celi’.

O horario das actividades será de 17:30 a 20:30h os venres, e de 12 a 14h e de 17:30 a 20:30h os sábados. Os talleres realizaránse en turnos de unha hora para que todos os nenos e nenas que queiran podan participar ao mesmo tempo que se garanten todas as medidas de seguridade.

A temática dos distintos xogos e animacións xirarán en torno á protección do medio ambiente, o interés pola ciencia, os xogos tradicionais e a música. Ademais, a última fin de semana de outubro realizaranse actividades relacionadas co Samaín.

Para gozar de toda a programación, tan só hai que ser membro do Club de Celi. Os nenos e nenas que aínda non teñan o seu carnet, poden inscribirse en calquera momento no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial ou na nosa páxina web.

Esta é a programación de actividades para o mes de outubro:

Venres 1 e sábado 2 de outubro

  • Talleres creativos Universo Celi
  • Xogos de sempre ‘Aquí na terra’
  • Xogos didácticos
  • Taller de robótica

Venres 8 e sábado 9 de outubro

  • Talleres creativos Universo Celi
  • Música e movemento
  • Recixogos

Venres 15 e sábado 16 de outubro

  • Talleres creativos Universo Celi
  • Talleres de medio ambiente e ciencias tolas
  • Gymkhanas e xogos de habilidade

Venres 22 e sábado 23 de outubro

  • Talleras creativos Universo Celi
  • Inventando historias de marcianos
  • Carreiras

Venres 29 e sábado 30 de outubro

  • Talleres especiais de Samaín