A Caravana da Saúde de Carrefour chega a As Cancelas
Carrefour, como impulsor do proxecto Te cuento en la cocina –colaboración do gran chef Ferran Adrià con Disney– trae a As Cancelas a Caravana da Saúde, unha excelente oportunidade para que os visitantes do centro comercial aprendan hábitos saudables á vez que se divirten en familia. Os días 22 e 23 de xuño, Carrefour ofrecerá nos exteriores do centro comercial, talleres de cociña, consellos de alimentación, xogos e concursos sobre gastronomía e nutrición.
O asesoramento médico do Hospital La Paz de Madrid, a creatividade dun dos mellores cociñeiros do mundo e a simpatía dos personaxes Disney son os ingredientes perfectos para trasladar aos visitantes de As Cancelas esta aposta de Carrefour pola vida sa e a nutrición equilibrada.