Buscamos ao noso embaixador do ano!
Encántache a moda, a fotografía e as redes sociais? En As Cancelas estamos a buscar ao noso embaixador do ano e ti poderías ser o elixido. Se es orixinal e creativo, conectas cos teus seguidores, e gústache estar á última moda, segue lendo!
Para participar no concurso tan só hai que:
- Subir a Instagram un vídeo ou unha foto dun máximo de 30 segundos explicando porqué deberías ser o elixido.
- Utilizar o hashtag # ShopInfluencerAsCancelas e mencionar a @ ascancelas.
- Lembra que o teu perfil debe ser PÚBLICO para que podamos ver a túa publicación.
De entre todas as persoas que participen, un xurado experto seleccionará a 5 finalistas, que virán a As Cancelas para enfrontarse nun reto final o sábado 19 de outubro, con 3 probas distintas de moda en pasarela.
A persoa gañadora converterase na imaxe de As Cancelas durante un ano, ademais de recibir como premio 1.200€ en compras para as nosas tendas (100€ ao mes), un curso de márketing de influencers impartido por Thinketers valorado en 800€ e un kit do influencer valorado en 300€ (selfie ring flash, trípode de araña, focos de iluminación, agarre móbil e cámara bridge Sony).
O prazo de participación será do 29 de setembro ao 13 de outubro, apúntaste?