BMW i8 Fashion Night 2015 As Cancelas
Unha das sorpresas da Fashion Night 2015 do Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela é a presenza do vehículo oficial deste evento: é o coche deportivo BMW i8. Descobre a continuación, cales son as liñas fundamentais do coche estrela da Fashion Night 2015.
O BMW i8 é o modelo de coche fabricado pola marca BMW que busca ser o bólido deportivo do futuro. As principais características que o fan diferente son o feito de contar cun consumo e emisións dun vehículo compacto, e a combinación entre motor eléctrico e de combustión. Ademais, a este coche aplicáronselle todas as tecnoloxías BMW EfficientDynamics.
En canto ao deseño do coche, BMW i8 destaca o seu denominado “Black Belt” ou “cinto negro”, un elemento de cor negra situada no frontal do vehículo e que pasa polo teito. Ademais, inclúese iluminación con LED diúrno e luces LED traseiras. No referente ao deseño interior tamén se empregan algúns compoñentes realizados a partir das achegas de materias primas renovables. Finalmente, o elemento de deseño estrela son as portas do coche, as chamadas portas de á de gaivota, as cales se elevan, producindo así un destacado efecto visual que complementa as liñas dunha carrocería aerodinámica.
Descobre o coche deportivo BMW i8 na Fashion Night 2015 das Cancelas en Santiago de Compostela.