Black Attack: únete á batalla dos premios de Black Friday

O Black Friday converteuse nunha das datas máis esperadas para que os amantes das compras gocen dos mellores descontos antes que que empece a campaña de Nadal. E para conmemoralo, lanzamos unha acción promocional coa que repartiremos máis de 2.000 euros en forma de tarxetas regalo. Contámosche máis?
Do 22 ao 26 de novembro, busca aos nosos axentes de negro que estarán recorrendo os corredores de As Cancelas, amósalles un ticket de compra de 20€ ou máis de calquera das nosas tendas e completa o formulario de participación. Descubrirás ao instante se che tocou unha das tarxetas regalo que hai en xogo! Poderás participar no seguinte horario:
- Mércores 22, xoves 23 e domingo 26 de novembro, de 17 a 21h.
- Venres 24 e sábado 25 de novembro, de 11 a 14h e de 17 a 21h.
E recorda, este domingo… ¡abrimos ao completo!