Axudámosche a atopar o teu coche co noso novo servizo

Publicado o 16 de Xullo de 2020

Eres dos que lle custa voltar ao seu coche despois dun día de compras en As Cancelas? Se é así, poñemos á túa disposición Buscars, un innovador e cómodo sistema de localización de vehículos perfecto para ti. Para usalo, non necesitarás nin rexitrarte nin descargar ningunha aplicación no teu teléfono e o mellor é que se pode usar con calquera smartphone (Android e iOs) de maneira rápida e sinxela.

O sistema funciona mediante un código QR que verás nas columnas do parking subterráneo do centro comercial. Cando chegues ao centro, escanea o código QR máis próximo a donde aparcaras o teu coche e poderás ver automaticamente a localización do teu vehículo no navegador do teu teléfono móbil. Recorda non pechar esa ventá para acceder á localización cando remates de facer as túas compras. Ademais, non só che recomendará a ruta máis curta para chegar ao teu coche, senón que tamén podrerás consultar outros datos de interese como salidas de emerxencia, ubicación de estacións de carros da compra, aseos ou extintores.

Queres saber máis sobre como funciona este servizo? Dálle ao play!

Non volvas a perderte buscando o teu coche en As Cancelas!