Atopa todos os boletos e entra no sorteo dun pack de praia
O verán chegou a As Cancelas para quedarse! Como o oes: xa está aquí o noso momento do ano favorito e queremos celebralo como se merece: cun GRAN sorteo.
Do 3 ao 9 de xullo, poñémoste a proba: participa no noso xogo online e atopa antes de que remate o tempo todos os boletos da nosa tómbola de verán. Se eres capaz de resolver este divertido reto, entrarás no sorteo dun pack de artigos para a praia valorado en 100€.
Participar e moi fácil: terás que rexistrarte cos teus datos na plataforma de participación que verás máis abaixo e completar o xogo no menor tempo posible. Recorda, poderás participar tantas veces como queiras!
O luns 10 de xullo anunciaremos o nome da persoa gañadora.
Moita sorte!
GAÑADORA: Belén Fraga