Aterra o Halloween máis divertido en A Casa de Celi!
Buhos, curuxas, sapos e bruxas. Demos maléficos e diaños… O conxuro da queimada é todo un preludio do que se aveciña en As Cancelas por este Halloween. Queres descubrilo? Non che facemos esperar máis!
Os días 28, 29 e 31 de outubro, A Casa de Celi vístese con terroríficas vestimentas para recibir a programación máis horrible de todo o ano. Espectáculos, talleres e unha gran festa de Halloween son algunhas das sorpresas que temos preparadas.
Consulta a programación do noso ‘Especial Halloween’:
Venres 28 de outubro
– Ás 19:00 horas: Espectáculo de maxia terrorífica con Rebo e Rufus.
Sábado 29 de outubro
– De 17:30 a 20:30 horas: Talleres terroríficos.
Luns 31 de outubro
– De 17:30 a 19:30h: Gran festa de Halloween. Espectáculos musicais, animacións con música e baile, gran desfile de disfraces e moitas sorpresas máis.
Non o podedes perder!