As rebaixas máis frescas veñen con premio
Este ano, a primeira fin de semana de rebaixas os nosos visitantes atoparán en As Cancelas os mellores descontos e ofertas do verán nas mellores marcas de moda e complementos, un horario ampliado para realizar as súas compras grazas á apertura do domingo 3 de xullo e unha refrescante e deliciosa sorpresa. Por cada 15 euros de compra, o centro comercial obsequiará cun xeado a todos os visitantes para que poidan repoñer forzas durante a súa xornada de shopping. Ven visitarnos os días 1, 2 e 3 de xullo de 12:00 a 21:00 horas e aproveita as rebaixas máis frescas de Santiago!
Ademais, os días 7, 8 e 9 de xullo, As Cancelas invítache a sacar o mellor de ti no noso photocall do verán, no que poderás facer as instantáneas máis divertidas cos bocadillos de cómic e accesorios que poñemos á túa disposición. Prepárate para o verán da túa vida coas rebaixas de As Cancelas, e saca unha foto para poder gañar un dos 3 cheques de 100 € que sorteamos para gastar no centro comercial. Para participar, só tes que subir a túa divertida foto do photocall ás túas redes sociais cos hasthtag #elveranodemivida e #ascancelas. Prepara a túa mellor pose e moita sorte!