As Cancelas súmase ao rosa
As Cancelas súmase ao rosa e á AECC na loita contra o cancro de mama.
Como cada ano, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) suma as súas forzas para facer fronte ao cancro de mama, unha enfermidade da que se diagnostican cada ano uns 25.000 casos novos pero que afecta a máis de 63.000. Os afectados por este tipo de tumor, pacientes e familiares, son o centro dunha campaña que quixo poñer o foco nas necesidades daquelas persoas que, sen ter o tumor, tamén pasan pola enfermidade.
O cancro de mama diagnostícase, nun 99%, en mulleres e ten unha supervivencia próxima ao 85%. A pesar de que cada ano hai unha incidencia maior, estímase que este ano 2015 máis de 26.000 persoas serán diagnosticadas por cancro de mama, a supervivencia aumenta un 1,4% cada ano e a súa taxa sitúase preto do 85%. É, así mesmo, un cancro paradigmático posto que unha maior concienciación social sobre a súa detección precoz e a redución do risco de desenvolvelo, así como un maior esforzo en investigación, lograron que sexa un dos tumores con mellor prognóstico e maiores índices de supervivencia e cronificación.
Para poder seguir investigando e poder asistir a máis mulleres e familiares, a AECC abriu unha páxina onde podes depositar o teu donativo, apoiando esta gran causa. Deixámosvos a ligazón aquí: https://www.aecc.es/msites/mama/Paginas/2015/index.html
Se necesitas axuda ou información sobre esta enfermidade a AECC ten estoutra páxina á túa disposición: https://www.aecc.es/SobreElCancer/CancerPorLocalizacion/CancerMama/Paginas/cancerdemama.aspx
Desde o Centro Comercial As Cancelas queremos transmitir o noso parabén á AECC polo gran labor que realizan e o noso máis sincero apoio e admiración a todas as guerreiras que cada día manteñen a esperanza e nunca se renden. Para que non loiten soas sumámonos ao rosa.