As Cancelas patrocina de novo as Festas do Apóstolo
Desde o 21 ao 31 de xullo, Santiago pon as súas mellores galas para a maior celebración do ano: as Festas do Apóstolo, case dúas semanas nas que todos os santiagueses e santiaguesas poderán gozar de actuacións musicais, atraccións para os máis peques, fogos de artificio, baile tradicional e moitas máis sorpresas. Outro ano máis, desde As Cancelas sumámosnos a esta festa tan importante para toda a cidade patrocinando a Xornada de Folclore Galego.
Este ano, a Xornada de Folclore Galego celebrarase o sábado 30 de xullo ás 21:30h na Praza da Quintana, coas actuacións da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira e Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia.
Apúntaste a gozar dunha das actividades máis populares da semana grande de Santiago?