As Cancelas e Nintendo convídante a coñecer o último en videoxogos

Publicado o 15 de Novembro de 2017

Entre o 22 e 25 de novembro celebraremos un gran evento en colaboración con Nintendo para presentar as últimas novidades da marca xaponesa líder en videoxogos. Durante estes catro días, todos os nosos visitantes poderes probar, totalmente gratis, a nova Nintendo Switch, a consola doméstica que se fai portátil para xogar en calquera lugar.

Os horarios do gran evento Nintendo en As Cancelas serán de 13:00 a 21:00 horas o mércores 22 e o xoves 23; de 13:00 a 22:00 horas o venres 24; e de 11:00 a 22:00 horas o sábado 25 de novembro.

Este evento exclusivo servirá para presentar o videoxogo Super Mario Odissey, cualificado xa como un dos mellores do mundo nas últimas feiras do sector, e outros como o FIFA 2018 ou a última xeración de Pokémon. Ven a xogar con Nintendo en As Cancelas!