A arquitectura modular chega a As Cancelas
A arquitectura modular baséase na industrialización do proceso construtivo, no que a maior parte da execución se leva a cabo en fábrica, en condicións controladas, e unha vez terminada transpórtase en módulos tridimensionais á parcela, en calquera punto da xeografía nacional. En obra, unicamente será necesario executar a cimentación, as conexións aos servizos e a ensamblaxe e remate dos módulos.
Na zona do aparcadoiro exterior de As Cancelas, poderás atopar o showroom de Hauss Arquitectura Modular en forma de vivenda piloto, composta de salón-comedor-cociña, dous dormitorios dobres, un deles con baño e vestidor e un baño xeral, para que todo o que queira solicitar información, o faga sen compromiso.
Entre as principais vantaxes da arquitectura modular frente á arquitectura tradicional, destacamos:
Rapidez de execución: redúcense ata nun 80% os prazos da construción convencional, por realizarse a maior parte da mesma en fábrica.
Deseño flexible e personalizado: a arquitectura modular de Hauss adáptase a calquera deseño arquitectónico e admite multitude de acabados. O seu sistema de unión de módulos permite ampliar facilmente a vivenda, e ata a desmontaxe, traslado e recolocación, se fose necesario.
Sustentabilidade: mellora o comportamento térmico das vivendas, xa que se substitúe masa por illamento térmico, o que significa un aforro económico para o usuario e a redución de emisións de CO2 á atmosfera. A fabricación en seco reduce a produción de residuos, e o sistema permite ser desmontado ao final da súa vida útil, e os materiais ser novamente reutilizados.
Aforro de custos: ao quedar todo completamente definido na fase de proxecto, non hai sobrecustos nin desviacións de orzamento. O sistema industrializado de fabricación permite optimizar recursos e reducir custos de produción, mantendo unha calidade superior á convencional.
Máxima calidade: cun exhaustivo control durante toda a fabricación, o emprego dos sistemas construtivos máis avanzados do mercado, e a precisión milimétrica das estruturas metálicas, créanse vivendas da máis alta calidade e duración.
Se estás interesado, o departamento técnico-comercial de Hauss poderache atender no seu showroom de martes a venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, ou ben solicitando cita previa no teléfono 981 500 117. Tamén podes informarte na súa web.