O día 28 de maio conmemórase o Día da Nutrición, e aproveitando a cita, en As Cancelas lanzamos as nosas Xornadas de Alimentación Saudable, un evento que terá lugar do 24 de maio ao 8 de xuño co que queremos transmitir os beneficios dunha alimentación saudabe para toda a familia a través de talleres de cociña, showcookings, degustacións, charlas e actividades especiais.
O venres 24 e o sábado 25 de maio, organizamos a través do Club de Celi uns talleres infantís de cociña para que os nenos e nenas de 3 a 12 anos poidan aprender receitas divertidas, sinxelas e equilibradas con axuda de monitores especializados. Os talleres celebraranse en planta 1 pola tarde, de 18:30 a 20:30 horas, o venres 24 de maio. O sábado 25 o horario será dobre: de 12:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 20:30 horas. Todos os nenos e nenas que participen nos talleres levarán de agasallo un mandil e un gorro de cociña.
Con motivo da celebración do Día Nacional do Celíaco, o luns 27 ofreceremos un contacontos infantil, en colaboración con a Asociación de Celíacos de Galicia, para que os máis pequenos comprendan en que consiste esta patoloxía a través do libro ‘Uxío é celíaco’, que ademais, todos os pequenos que asistan levarán de agasallo.
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Act for Food de Carrefour que recolle medidas concretas para axudar á sociedade para comer mellor, e que os días 28 e 29 traerá ao centro comercial a caravana ‘ Act for Food’, un espazo expositivo itinerante con distintas actividades para todos os públicos. Ademais de participar en talleres de cociña, os visitantes tamén poderán usar lentes de realidade virtual para dirixir unha granxa, ou xogar a separar correctamente os residuos que se xeran e evitar así os denominados ‘impropios’ nos contedores de reciclaxe.
Outra das actividades estrela das xornadas, serán os showcookings en directo con algúns dos mellores cociñeiros do panorama galego, como Alén Tarrío ou Jose Antonio Brenlla. Tamén teremos charlas sobre alimentación saudable con especialistas na materia, como médicos e nutricionistas, aos que os nosos visitantes poderán facer todo tipo de preguntas e consultas.
Sen esquecernos dos pequenos da casa, que tamén terán un espazo especialmente dedicado para eles onde poderán pasalo en grande mentres aprenden nos talleres de cociña saudable.
Haberá agasallos para todos, sorteos e moitas máis sorpresas. Non o podes perder!