Aprendendo a reciclar cos obradoiros de Celi

Publicado o 5 de Xuño de 2018

Durante os días 8 e 9 de xuño, Celi organiza uns divertidos obradoiros de reciclaxe para conmemorar o Día do Medio Ambiente. E a entrada é gratuíta!

Os obradoiros serán o venres de 18:00 a 21:00 horas  e o sábado de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Os socios do Club de Celi poderán aprender de reciclaxe mentres o pasan en grande. Os que non sexan socios poderán apuntarse ao club de forma totalmente gratuíta no mesmo momento.

Agardámoste!