Aforra xogando en familia!
Cerrar a billa mentres se lavan os dentes, non regar as plantas cando chove ou elixir unha ducha antes que un baño son pequenos xestos de aforro de auga que se poden facer en familia para contribuír a un uso racional dun recurso cada vez máis escaso. Aínda que as recentes chuvias volveron a colocar as reservas de auga en niveis aceptables, é un feito demostrado que o aforro de auga contribúe non só a unha mellor xestión deste recurso na factura doméstica, senón tamén a evitar situacións de escaseza en caso de secas prolongadas, un fenómeno cada vez máis frecuente incluso en Galicia.
Por iso, con motivo do Día Mundial da Auga, o Club de Celi reparte aos máis pequenos un divertido folleto no que anima aos nenos e nenas a conseguir, xunto coas súas familias, pequenos retos diarios que as propias familias poderán puntuar para ver quen é o campión do aforro. Todos os socios do Club de Celi poderán recoller os folletos no punto de atención ao cliente de As Cancelas. Os nenos e nenas que aínda non sexan socios do Club poderán inscribirse alí mesmo de forma gratuíta.
Comeza a aforrar e súmate á campaña!