Acendido de Nadal 2015 As Cancelas
Achégase o nadal: unha época de bos desexos, de reunirse coa familia, de estar cos que máis queres, de comidas copiosas, de festas, de despedir o ano e de dar a benvida a outro, da lotería, de agasallos, etc. No Centro Comercial As Cancelas encántanos o nadal! e como non podía ser doutra forma imos comezar a nosa campaña do Nadal co clásico aceso das luces de nadal.
Este ano o encargado do aceso do Nadal do Centro Comercial As Cancelas é o pallaso Popín, que fará rir a pequenos e maiores. O aceso e actuación será o sábado 28 de novembro ás 18:30h na planta 2.
O pallaso Popín leva máis de 30 anos dedicado ao mundo da animación e actuación, facendo rir a todos os presentes polo seu descaro, desvergoña, ocorrencias e permanente improvisación.
Esperámosvos a tod@s este sábado en As Cancelas, Bo nadal!