A música en directo volve este mes a As Cancelas
Se hai algo que seguro que todos botamos de menos estos meses foi a música en directo. E como en As Cancelas temos moitas ganas de gozar, programamos unha serie de actuacións, de distintos estilos, e totalmente gratuitas, para os próximos sábados do mes de xullo. Todas as actuacións levaranse a cabo seguindo todas as medidas de seguridade necesarias.
Así que os días 3, 10 e 17 de xullo de 20:30 a 22h, haberá de novo música en directo na zona de restauración para amenizar o horario de cea no centro comercial. O calendario de actuacións é o seguinte:
- Sábado 3 de xullo: Bossa Nova, con Gustavo Almeida.
- Sábado 10 de xullo: Soul con Aixa Romay.
- Sábado 17 de xullo: Los 80 acústicos, con Carlos Bau.
Non o podes perder!