A mellor oferta en restauración de Santiago
No Centro Comercial As Cancelas dispoñemos de máis de cen establecementos para todos os gustos. Aquí cabe de todo: moda infantil, moda para muller, moda para home, agasallos, perfumería, alimentación, gran consumo, electrónica, lecer, telefonía móbil e moito máis. Un dos nosos espazos máis destacados é o da restauración. Os locais desta categoría concéntranse, na súa maioría, na planta segunda, á beira dos cinemas Cinesa.
Nesta ocasión, ímosche a falar dos locais de restauración das Cancelas. Se es de comida asiática, non fai falta saír de Santiago de Compostela. Tes á túa disposición Wok Dunhuang, do grupo Xi Yue. Se es máis tradicional e dos sabores da terra, está Vilalúa, o teu espazo para gozar da cociña tradicional galega. Así, podes saborear a súa empanada galega, polbo á feira, croquetas galegas, pementos de padrón, raxo, cachelos, etc. Se pola contra vaiche máis o italiano, tampouco hai problema. Dispós de Cambalache, coas súas pizzas e pastas con reminiscencias arxentinas nos seus menús, e tamén Morde A Pasta, local que inclúe unha gran variedade de pratos (pastas con recheo ou sen recheo, pizzas, menús infantís, peixes, carnes, etc.). Se che vai o sabor turco, dispós dos menús de Hebe Kebap. Por último, se che gusta Brasil, non deixes escapar BrasayLeña, un local para gozar dos rodicios e a mellor carne.
En canto á hamburguesa, se es amante delas, As Cancelas achégache todo o necesario para degustalas: Burger King, Foster’s Hollywood e The Good Burger. Ademais, tamén tes bocadillos, sobremesas e outros menús. Outra opción similar é Pans&Company / Pollo Campero.
Para terminar, dispós de dúas opcións máis: as cafeterías e cervecerías (Cafetería Lois, Cervecería Internacional, La Biela, La Rinconada, Lois Cervecerias e Pizzbur O Códice) e os espazos de xeados e froitos secos (Smöoy e Circusweet).
Esperámoste en Santiago.