A Carreira de Papá Noel chega a Santiago o 20 de decembro!

O vindeiro domingo 20 de decembro, ás 11:00 h, Santiago de Compostela acollerá unha nova edición da Carreira de Papá Noel, con saída desde As Cancelas e chegada á Praza do Obradoiro.
Un percorrido de 4 quilómetros para gozar en familia ou con amigos, vestidos de Papá Noel ou de Elfo! O disfrace e o dorsal están incluídos na inscrición.
🏃 As inscricións abriranse o 5 de novembro ás 20:00 h!
Haberá 2.000 prazas dispoñibles: 1.500 para adultos e 500 para nenos de ata 12 anos.
📍 Consulta toda a información e inscríbete en www.carrerapapanoelsantiago.es.
Prepara o teu disfrace e vén encher Santiago de espírito do Nadal! ❤️
