Mes do Deporte: Axenda 1ª semana
O bo tempo é o momento ideal para practicar deporte e As Cancelas quere dedicar un mes completo a axudar aos seus visitantes a poñerse en forma. Do 15 de xuño ao 15 de xullo as tres plantas do centro comercial acollerán múltiples actividades deportivas e de fitness: fútbol, minitenis, baloncesto, bádminton, yoga, zumba, patinaje…
XOVES 15 DE XUÑO
Baile: Ven e goza da man da academia Pasito de Baile dunha das súas clases de 18:30 a 19:30h na planta 2. (Prazas libres ata completar aforo).
Ximnasia Rítmica: Alucinarás coa exhibición do Club Ximnasia Rítmica Viravolta, e a continuación poderás participar nunha das súas clases. Agardámoste a partir das 19:30h na planta 2. (Prazas libres ata completar aforo).
VENRES 16 DE XUÑO
Baile: Continuamos coas clases impartidas pola academia Pasito de Baile, de 18:00 a 19:00h, de 19:00 a 20:00h e de 20:00 a 21:00h, na planta 2. (Prazas libres ata completar aforo).
SÁBADO 17 DE XUÑO
Minitenis e bádminton: Ven gozar das alucinantes pistas instaladas polo Club Family Pádel Los Tilos, de 18:00 a 21:00h na planta 1. (Prazas dispoñibles para os socios do Club de Celi. Se aínda non es socio, a que agardas? É rápido e de balde!)