Inscríbete no noso gran casting Xeración As Cancelas
Tras o éxito da edición de 2016, volvemos organizar o concurso Xeración As Cancelas, un gran casting aberto a non profesionais para elixir entre os visitantes do centro comercial aos protagonistas das nosas próximas campañas publicitarias en dúas categorías: adultos, de 16 a 35 anos, e infantil, de 4 a 12 anos.
A inscrición, totalmente gratuíta, poderá facerse de forma online ou de forma presencial no punto de información do centro comercial. O prazo de inscrición para a modalidade online estará aberto desde o 29 de marzo ata o 19 de abril, e na modalidade presencial, desde o 29 de marzo ata o 21 de abril.
Todos os inscritos poderán participar nos castings que se celebrarán en As Cancelas nas seguintes datas:
- Casting adultos: 22 de abril en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30h a 21:00h.
- Casting infantil: 23 de abril en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30h a 21:00h.
En ambas as categorías atenderase aos participantes por orde de chegada.
Na categoría de adultos, o xurado seleccionará a 32 aspirantes (16 mulleres e 16 homes) e haberá oito prazas máis que se elixirán na páxina de Facebook de As Cancelas a través da aplicación Vota ao teu favorito. Na devandita aplicación estarán todas as fotos do casting -excepto as dos 32 seleccionados polo xurado- e os catro mozos e as catro mozas que máis votos consigan, desfilarán na gala final do 13 de maio.
Para que o voto sexa válido os votantes deberán de ser seguidores da rede social Facebook do centro comercial As Cancelas. A organización do evento resérvase o dereito de anulación dos votos en caso de detectar un uso fraudulento na dinámica de obtención dos mesmos (intercambio ou compra de votos).
O gañador e a gañadora da final de adultos serán a imaxe da campaña publicitaria da Fashion Night 2017 de As Cancelas, o gran evento da moda e as tendencias que se celebra en outubro, e recibirán tamén un book fotográfico profesional de Estudio Fílmate, a inscrición nun curso de modelaxe profesional coa axencia APN Models e un cheque regalo de 200€ para gastar no centro comercial As Cancelas
Na categoría infantil, o xurado elixirá de forma directa aos nenos e nenas que participarán na gala final do 29 de abril.
O neno e a nena gañadores da final infantil serán a imaxe da campaña de Nadal 2017 do centro comercial e recibirán así mesmo un book fotográfico profesional de Estudio Fílmate, a inscrición nun curso de modelaxe profesional coa axencia APN Models, e un cheque regalo de 200€ para gastar no centro comercial As Cancelas. Ademais todos os participantes no casting infantil recibirán un obsequio.
Entregaranse tamén seis premios accésit entre o resto dos finalistas de ambas as categorías.
Ademais, o centro comercial As Cancelas sorteará entre todos os participantes do casting dous vales de 200€ para gastar no centro comercial. Realizarase un primeiro sorteo o sábado día 22 de abril ás 21:00h entre os participantes no casting de adultos, que enchan a papeleta de participación.
O segundo sorteo realizarase o domingo día 23 de abril ás 21:00h entre todos aqueles nenos e nenas que se presenten ao casting. Neste caso, a papeleta de participación deberá enchela o seu pai, nai ou titor.
Os gañadores do sorteo comunicaranse o día 24 de abril a través da páxina de Facebook de As Cancelas.
As bases completas e todos os aspectos relativos ao concurso poden consultarse aquí.