O club de Celi acada os 10.000 socios
Celi, a mascota de As Cancelas, cumpriu tres anos e festexouno cunha gran festa o pasado 17 de setembro con todos os seus amigos. Xogos, actividades, obradoiros, paseos en poni, actuacións musicais, atraccións… Foi unha xornada inesquecible para os miles de nenos e nenas que se achegaron a felicitar a este simpático extraterrestre que suma xa máis de 10.000 socios no seu club, que aglutina todas as actividades infantís de As Cancelas.
Os nenos e nenas poden gozar dunhas instalación renovadas coa ampliación do espazo infantil da planta 2 que se inaugurou no pasado 1 de outubro coa actuación do grupo de teatro Falabaratas, momento que se aproveitou para agasallar a todos os asistentes cun peluche da mascota de As Cancelas. Todos os nenos fóronse encantados!
Se non puidechedes conseguir o peluche de Celi, non vos preocupedes, xa que será o agasaio de cumpleanos de esta tempada para todos os membros do Club de Celi.