5 de novembro: Día Internacional contra o Acoso Escolar e o Ciberacoso

O respecto, a empatía e a convivencia son fundamentais para construír espazos seguros, tanto dentro como fóra das aulas. Por iso, cada 5 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar, incluído o Ciberacoso, unha data para concienciar sobre unha realidade que afecta a nenos e adolescentes e que precisa do compromiso de toda a sociedade.
Facer fronte ao ciberacoso é responsabilidade de todos
As novas tecnoloxías ofrecen grandes oportunidades, pero tamén presentan retos. As redes sociais, as aplicacións de mensaxería e as contornas dixitais poden converterse en escenarios de acoso, con consecuencias que van moito máis alá dunha pantalla.
Detectar os sinais, escoitar sen xulgar, acompañar a quen o sofre e actuar ante calquera situación de acoso son pasos fundamentais para combatelo.
Crear contornas máis seguras é cousa de todos
Desde As Cancelas queremos sumarnos a esta xornada de concienciación e lembrar que construír unha sociedade máis respectuosa comeza con pequenos xestos: educar na empatía, fomentar o respecto e non mirar cara a outro lado ante unha situación de acoso.
Porque facer fronte ao ciberacoso é responsabilidade de todos. Crear contornas dixitais máis seguras require apoio, prevención e acción conxunta. 💗
