3ª Semana da Cultura Chinesa
A comunidade chinesa estrea o venres 16 de febreiro novo ano, o 4716 segundo o seu calendario, adicado ao Can de Terra e desde As Cancelas sumámonos á celebración coa posta en marcha de distintas actividades lúdicas e culturais para toda a familia, o domingo 18 de febreiro e o sábado 24 de febreiro.
Durante a mañá do día 18, concretamente ás 12:00 horas, teremos un obradoiro adicado á escritura chinesa con pinceis, unha caligrafía convertida en arte con 3000 anos de antigüidade. Pola tarde do mesmo día, de 17:00 a 18:00 horas ofreceremos un obradoiro de papiroflexia ao que seguirá un concerto de música tradicional do país asiático.
O sábado 24 de febreiro chega a quenda do taichí, cunha clase práctica na que toda a familia poderá iniciarse nesta tradicional arte marcial a partires das 18:30 horas.
Os distintos obradoiros e exhibicións, totalmente gratuitos, están organizados en colaboración coa Asociación Educativa e Cultural Qu Yuan, que centraliza gran parte das actividades de intercambio cultural que realiza a comunidade chinesa en Santiago e a súa área metropolitana. Apúntaste?