3ª Carreira Camiño das Letras
O 15 de maio volverán unirse cultura e deporte na terceira edición da carreira Camiño dás Letras. Nesta ocasión variarase o percorrido e os atletas acabarán a proba no estadio de San Lázaro.
A partir das 10 da mañá, os corredores sairán de Lavacolla polo Camiño de Santiago, pero este ano non finalizarán no Monte do Gozo, polo que a distancia a percorrer ascenderá aos 11 quilómetros. Todos os deportistas interesados nesta cita deportivo-cultural poderán inscribirse na web www.carreirasgalegas.com.
Ao concluír o percorrido, como xa é tradicional, todos os participantes, maiores e pequenos, recibirán un libro en galego e un diploma. Aos gañadores de cada unha das categorías entregaráselles un lote de libros. Os vencedores absolutos da proba recibirán un trofeo cun deseño exclusivo que recorda o Camiño de Santiago e o esforzo realizado polos corredores.
Como en anteriores edicións, ao finalizar a carreira absoluta, a partir das 11.30 da mañá comezarán as probas dos nenos, empezando polos pitufos, con distancias adaptadas a cada unha das idades e categorías nun circuíto deseñado para a ocasión en San Lázaro.
HORARIOS
10.00h – ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA 11000 m aprox.
11.30 h – PITUFOS (NENOS E NENAS) 200 m aprox.
11.45 h – PREBENXAMÍN-BENXAMÍN (NENOS E NENAS) 400 m aprox.
12.00 h – ALEVÍN-INFANTIL NENAS (2 voltas) 1500 m aprox.
12.15 h – ALEVÍN-ÍNFANTIL NENOS (3 voltas) 2150 m aprox.
12.30 h – CADETE-XUVENIL NENAS (3 voltas) 2150 m aprox.
12.45 h – CADETE-XUVENIL NENOS (4 voltas) 2860 m aprox.
Inscricións: ata o xoves 12 de maio ás 23:59 horas. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo establecido.
Entrega de dorsais: realizarase no punto de información da planta baixa do Centro Comercial As Cancelas de Santiago, nos seguintes días e horarios:
- Venres, 13 de maio, de 17:00 a 20:00 horas
- Sábado, 14 de maio, de 11:00 a 20:00 horas
- De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada no Estadio de San Lázaro, entre as 9.00 e as 9.30 horas, para a carreira de adultos e ata as 11.30 horas para as carreiras de menores.
Avituallamentos: Establecerase un punto de avituallamento na metade da carreira, onde se abastecerá de auga aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos participantes, coa entrega de auga, bebidas isotónicas, barriñas de chocolate e froita.
Servizos médicos: A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia.
Outros servizos: A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, un servizo de duchas no Estadio de San Lázaro e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de saída.
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DESDE O ESTADIO DE SAN LÁZARO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 8,55 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9.40 HORAS
Premios e agasallos: Todos os participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo do Camiño de Santiago.
Recibirán premio:
- Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados das categorías de alevín a veterano recibirán un lote de libros.
- Todos os participantes das categorías pitufo, prebenxamín e benxamín recibirán un libro adaptado á súa idade.
- O centro escolar e o club que máis alumnos rematen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.