3, 2, 1… Comezan as rebaixas!

Publicado o 7 de Xaneiro de 2019

A época do Nadal xa acabou, pero co fin destas datas tan sinaladas chega outra moi esperada: as rebaixas! Desde o 7 de xaneiro xa podes gozar dos mellores descontos en As Cancelas. Aproveita para darte un capricho, renovar o teu armario ou mercar ese regalo que os Reis Magos se esqueceron de traerche.

Ademais, o vindeiro domingo 13 de xaneiro, todas as nosas tendas permanecerán abertas en horario de 10:00 a 22:00h para que poidas achegarte e sacarlle o mellor partido a todas as ofertas que che ofrecemos en As Cancelas.

Estámoste agardando!