29 de febreiro: Día Mundial das enfermidades raras
O 29 de febreiro é o Día Mundial das Enfermidades Raras e nas Cancelas queremos apoiar o labor da Federación Española de Enfermidades Raras. O sábado 27 contaremos coa presenza dunha caseta informativa de FEDER e queremos convidarvos a que acudades e unádesvos á campaña.
A súa campaña ten como obxectivo concienciar sobre as patoloxías pouco frecuentes e atraer a atención sobre as grandes situacións de falta de equidade e inxustizas que viven as familias.
A campaña conta con embaixadores solidarios de alto prestixio internacional que acompañan ás familias na súa loita por mellorar a sensibilización e concienciación das enfermidades pouco frecuentes en España:o presentador Christian Gálvez, a actriz Alexandra Jiménez e o cantante Sergio Dalma.