Únete á nosa masterclass de zumba solidaria
O próximo 20 de decembro, con motivo do Día Nacional do Neno con Cancro, organizamos unha Masterclass de Zumba Solidaria xunto a catro grandes instrutores de toda Galicia a favor á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia ( ASANOG). Ademais de facer deporte e movernos ao ritmo da música, por cada persoa que se conecte ao evento, doaremos 1 € á devandita asociación, polo que, cantos máis sexamos, máis diñeiro recadaremos para esta boa causa! A clase será en liña e retransmitirase en streaming na nosa canle de YouTube.
O evento será o domingo 20 de decembro de 19 a 21 h e estará impartido por catro monitores: Luís González de Noia, Ana Martínez de Santiago, Priscila Amorín da Estrada e Begoña López de Lalín. Así que pon un recordatorio no teléfono móbil, porque só faltas ti!