Talleres infantís polo Día Internacional da Reciclaxe

Publicado o 14 de Maio de 2019

O próximo sábado 18 de maio, As Cancelas recibirá a visita de Mr. Iglú para celebrar o Día Internacional da Reciclaxe. Desta forma, os visitantes máis pequenos do centro comercial poderán aprender a importancia da reciclaxe do vidro grazas a uns divertidos talleres infantís organizados en colaboración con Ecovidrio.

Os talleres, que se impartirán en horario de 12:30 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:00 horas, servirán para que os pequenos da casa aprendan que envases deben ir no contenedor do vidro, e ademais, os monitores daranlles consellos de reciclaxe para que sepan como coidar o entorno no que viven de maneira sostible. E como premio, todos os participantes levarán un regalo.

Mr. Iglú espéravos en As Cancelas! Quen se apunta?