O Día da Nai dillo con flores
Regalar flores significa amar e o agarimo máis grande meréceno as nais. Como en anos anteriores, As Cancelas cho pon fácil e, para celebrar o seu día especial, do 3 ao 5 de maio poderás levar unha planta para regalar a mamá por cada 15 euros de compra. Para trocar os tickets acode ao punto de Atención ao Cliente do centro comercial nos seguintes horarios: xoves 3, de 18:00 a 21:00 horas; venres 4 de 16:00 a 21:00 e de 10:00 a 21:00 o sábado 5. No seu día, e todos os días, mamá meréceo todo.