Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Volve a Festa do Cinema!

post133x768_cine_gl

A Festa do Cinema, que o ano pasado sentou a máis de 2 millóns de persoas fronte á gran pantalla, volve un ano máis a Cinesa As Cancelas os días 24, 25 e 26 de outubro, durante os que poderás gozar das mellores estreas por tan só 2,90€ por entrada. Hoxe no blog de As Cancelas contámoscho todo sobre a festa preferida dos máis cinéfilos e recomendámosche as mellores películas para que aproveites ao máximo os próximos tres días.

fiesta-del-cine-2014

Para beneficiarte do prezo reducido das entradas, o único que tes que facer é solicitar a túa acreditación gratuíta rexistrándote na web da Festa do Cinema. Se nunca participaches nesta iniciativa, non te preocupes porque é moi sinxelo e desde aquí explicámosche o proceso paso a paso.

Solicita a túa acreditación. Entra na web www.fiestadelcine.com, desde onde che enviarán a acreditación ao teu enderezo electrónico despois de introducir o teu mail e data de nacemento dentro da opción de novo usuario. Revisa o mail recibido e busca a ligazón para descargar o teu pase. Os menores de 14 anos e os maiores de 60 non necesitan acreditarse para mercar as súas entradas a 2,90€, tan só terán que presentar o seu DNI no despacho de billetes para acreditar a súa idade.

pantallazo-1

Unha vez recibida a acreditación, podes imprimila para presentala en formato físico ou ben gardala coma imaxe no móbil para presentala en formato dixital. Os dous métodos son igual de válidos, así que elixe o que máis che guste.

Podes empregar a túa acreditación tantas veces como queiras durante os tres días que dure a festa, iso si, recorda presentar o teu DNI no momento de mercar as entradas xunto coa acreditación.

Acreditación en grupos. Ao solicitar a acreditación como novo usuario, podes escoller a opción de grupo se tes pensado ir ao cine con ata 10 amigos, xa que resulta máis cómodo que pedir todas as acreditacións individualmente. Desta forma, todos os pases chegarán ao mesmo enderezo de correo electrónico.

Compra de entradas. Existen varias formas de adquirir as túas localidades para as últimas estreas.

  1. Por internet. Evita as colas e imprime as túas entradas en casa ou ensínaas desde o teu móbil. Presenta a túa acreditación xunto ao teu DNI no punto de control de acceso ao cine. A venta de entradas por internet comeza o domingo 23 de outubro.
  2. Nos caixeiros do cine. Unha vez adquiridas, deberás presentar a túa acreditación xunto ao teu DNI no punto de control de acceso ao cinema.
  3. No despacho de billetes. Presenta a túa acreditación e DNI no despacho de billetes.

pantallazo-2

Coa acreditación xa no teu poder, só queda escoller a película ou películas que che gustaría ver durante esta gran festa, así que toma nota das nosas recomendacións.

 

Intriga e misterio

Se o teu son os grandes enigmas, as historias ocultas ou os relatos onde nada é o que parece, tes dúas grandes opcións para ver durante estes tres días.

Un monstruo viene a verme

A agardadísima última película de Juan Antonio Bayona está recibindo moitos eloxios, tanto do público como da crítica. Trátase do seu terceiro filme despóis dos aclamados ‘El orfanato’ e ‘Lo imposible’, onde Bayona volve a plasmar na gran pantalla a relación entre unha nai e o seu fillo. A imaxinación do neno permítelle crear fantasías que o alonxan da súa complicada situación familiar, onde ten que facer fronte ao acoso escolar dos seus compañeiros no colexio mentres coida da súa nai enferma. Trala visita dun monstro a súa porta, o protagonista cada vez ten máis dificultades para distinguir entre realidade e ficción. Película para gozar en familia e que conta cun reparto de luxo con Sigourney Weaver, Felicity Jones e Liam Neeson.

un-monstruo-viene-a-verme

Inferno

O veterano Ron Howard asume a dirección da terceira película baseada nos libros de Dan Brown. O catedrático Robert Langdon, papel que volve a recaer no dobre gañador dun Oscar a mellor actor principal, Tom Hanks, esperta sen memoria na habitación dun hospital en Florencia e sen recordos dos últimos dous días. A doutora que o atende (Felicity Jones) formará equipo con Langdon para desenmascarar un gran complot internacional no que moitas vidas están en xogo ante a aparición dunha misteriosa praga.

inferno-movie-tom-hanks-felicity-jones

 

Acción

Tensión e moita emoción rodean os dous títulos de cine de acción que estarán dispoñibles durante a Festa do Cinema en Cinesa As Cancelas. Agárrate forte a túa butaca porque a adrenalina dispárase nestas grandes películas.

El contable

Ben Afleck interpreta a Critian Wolf, un matemático pouco sociable cunha dobre vida, que polas noites se converte nun criminal ao servizo de organizacións delitivas internacionais, mentras que polo día disfrázase de contable como tapadeira. Con todo, os seus problemas non farán máis que comezar cando descobre o que hai detrás do seu único cliente lexítimo, unha investigación que lle fará gañarse moitos inimigos.

contable_0

Mechanic: Resurrection

Falar de cinema de acción é falar inevitablemente de Jason Statham. O protagonista de grandes éxitos do xénero como ‘Transporter’, ‘Lock and stock’ ou ‘Los mercenarios’, volve a poñerse na pel do ex-asasino a soldo Arthur Bishop, quen pensaba que en Río de Xaneiro estaría a salvo da súa antiga vida. Nada máis lonxe da realidade, xa que Bishop descobre que a súa noiva foi secuestrada polo seu arqui-inimigo Riah Crain. Agora non terá máis remedio que recorrer a todas as súas habilidades para recuperar á súa moza.

mechanic-spider-man

 

Cinema infantil

Os máis pequenos teñen tamén o seu espazo durante a Festa do Cinema. Animación e fantasía conforman as propostas de ocio para nenos e nenas nestas tres grandes películas.

Ozzy

O último filme de animación español conta coa  sinatura do estudo de Alberto Rodíguez, autor da serie de éxito infantil Pocoyó. Ozzy, un cadelo de raza beagle, non pode acompañar á súa familia de viaxe ao Xapón, así que terá que quedarse no balneario para cans Blue Creek. Pronto descobre a verdade que hai detrás do negocio, xa que é un cárcere para cans da que tratará de escapar con inxenio e coa axuda dos seus novos amigos.

019912

Cigüeñas

Montaña Cigoña é a empresa de entrega de bebes máis moderna e exitosa do mundo, pero por desgraza ten que adaptarse aos novos tempos e empeza a funcionar como unha compañía de paquetería. Junior, unha cegoña aínda en formación, reactiva a máquina de facer bebés e sen querer produce unha adorable nena. Agora terá que apañárselas para facer chegar este último paquete sen que se enteren os seus xefes.

606632-ciguenas-nuevo-trailer-cartel-pelicula-warner-bros-animation

El hogar de miss peregrine para niños peculiares

A última creación do aclamado Tim Burton conta a historia de Jacob Portman, un rapaz de 16 anos que tras resolver unhas misteriosas pistas descobre unha illa remota onde creceu o seu avó Abraham. Alí atopará un lugar máximo onde nenos e nenas viven con habilidades fóra do común.

1

 

Maiores de 16

Por último, as nosas últimas dúas propostas están pensadas para os maiores de 16 anos, pero tamén son moi diferentes entre si. Podes escoller entre o humor ácido e vándalo ou un thriller que che manterá en tensión ata o último segundo.

La chica del tren

Emily Blunt da vida a Rachel Watson, unha muller divorciada e con problemas co alcohol que cada día viaxa en tren a Nova York tendo que pasar por diante da súa antiga casa, onde aínda vive o seu ex-marido. As súas ansias por fuxir da realidade levanlle a fixarse nunha parella coa que coincide sempre no tren, ata que un día involúcrase de máis na súa historia.

1461224759_373599_1461226649_noticia_fotograma

La fiesta de las salchicas

A primeira película de animación por ordenador destinada directamente a adultos é tamén a máis irreverante da historia. Unha salchicha liderará aos seus amigos na procura da verdade que se agocha detrás das portas do supermercado, no que cada día todos os alimentos anhelan ser adquiridos por algún dos clientes.

Brenda (Kristen Wiig), Frank (Seth Rogen) and others in Columbia Pictures' SAUSAGE PARTY.

Xa escolleches as túas favoritas? Pois non esquezas os flocos de millo! Se mercas as túas entradas por internet, poderás beneficiarte dun menú mediano de flocos de millo e refresco por tan só 2,90€. Se prefieres pasarte polo despacho de billetes, tamén terás prezos reducidos en flocos de millo e menús.

Agora só queda agardar a que chegue o luns para pasalo en grande con familia e amigos gozando de todos os filmes que estarán presentes durante os días 24, 25 e 26 na Festa do Cinema. 3,2,1 e acción!