Vamos de pícnic!
Estamos a piques de comezar xuño, a antesala do verán, e a nosa mente xa empeza a pensar en gozar das agradables temperaturas que virán e do tempo de lecer. E é que como non imos querer que chegue xa, se verán é igual a falar de vacacións, de praia, de amigos, de festas, de sol, de deitarse tarde, de familia, de piscina, de grellada, de tranquilidade e de diversión.
Mal que nos pese, en Galicia aínda nos toca esperar unhas cantas semanas para quitarnos definitivamente o saio, aínda que de cando en vez, a meteoroloxía regálanos algún día de case-verán. Precisamente eses días son os ideais para saír cos amigos ou a familia a gozar dun divertido pícnic, para o que recompilamos as mellores receitas do noso blog.
Para abrir boca, nada mellor que unha fresca e saudable ensalada de mango, aguacate e queixo feta, a perfecta fusión da cociña mediterránea e grega.
De picoteo, os imprescindibles de calquera bo pícnic, tortilla, croquetas e filetes empanados. Se prefires unha opción máis lixeira, recomendamos uns sándwichs de polo ao pesto. Simplemente deliciosos.
E para a sobremesa, a froita de tempada que máis che guste. Albaricoques, cereixas, framboesas ou melón son as mellores opcións para consumir no mes de xuño por atoparse no seu punto óptimo de maduración.
Tomaches nota de todas as receitas? Esperamos que si, porque hoxe no blog de As Cancelas temos un súper sorteo dunha cesta de pícnic para dúas persoas que inclúe dous pratos, dous vasos, dúas culleres, dous garfos, dous coitelos e un abridor. Así que prepárate porque ti pos a comida e nós o resto.
A cesta é de vimbio, está forrada en tea de cadros vermellos e é perfecta para gozar dunha comida no campo, na montaña, na praia ou nun parque en metade da cidade.
Se queres conseguila, só tes que:
– Ser seguidor de As Cancelas en Facebook ou Instagram.
– Cubrir o seguinte formulario.
O sorteo é válido para todas as persoas que cumpran os requisitos. Comeza hoxe día 30 de maio e finaliza o venres 3 de xuño ás 23:59 horas. Podes consultar as bases completas aquí.
Anunciaremos o gañador nos perfís de redes sociais de As Cancelas, así que permanece atento.
Moita sorte a todos!