Tous xoiería e complementos
Tous xoiería e complementos
Ata a vestimenta máis simple loce sofisticado cando elixes os complementos adecuados. Por iso é moi importante coidar cada detalle, o noso aspecto final depende diso. As mans por exemplo, expresan, comunican e transmiten, achéganlle moita información ao noso interlocutor.
Por iso nesta ocasión, optei por combinar varios aneis discretos cuns pendentes longos de rubíes e cuarzo e un reloxo de pulseira de prata de lei bañado en ouro rosa.
Pero a peza que máis me gusta de todas as que vos ensino é este marabilloso bolso bandoleira de ante con gravado e de intensa cor laranxa, capaz de transformar calquera indumentaria.
Espero que vos guste, feliz semana!
Páxina tenda https://www.ascancelas.es/index.php/gl/tiendas/tous-2/
Páxina web https://www.tous.com/es-es/?