Tendencias 2021: presume de calcetín
Se algo bo trouxo este novo ano é, sen lugar a dúbidas, a tendencia de levar os calcetíns por fóra do pantalón. Se aínda non vos parastes a pensar en todos os beneficios desta práctica, lembremos todas esas horas da nosa vida malgastadas tratando de disimular un calcetín gordo de inverno por debaixo duns leggings minúsculos: tarefa case imposible. A partir de agora, este sufrimento chega ao seu fin. Poderemos poñernos os pantalóns primeiro e os calcentíns despois, e xa non teremos que andar preocupados tratando de disimular un calcetín indesexable que estragaba o noso look.
A pesar de que nun primeiro momento podamos pensar que esta tendencia non é para nós, sabemos que, tarde ou cedo, acabarémola interiorizando para pasar a formar parte dela. Desde o blog de As Cancelas, queremos facerche a vida máis sinxela e para iso fixemos una pequeña recompilación dos calcetíns tendencia disponibles nas nosas tendas de As Cancelas cos que poder molar como as influencers do Instagram. Desliza cara abaixo!