Primavera a todo cor: 5 tendencias para incorporalo os teus looks
Entramos en marzo, o mes do comezo da primavera, do cambio de hora e no que oficialmente os nosos armarios comezan a encherse de cor e alegría porque se achega o verán.
Dende o Centro Comercial As Cancelas, propoñémosvos varias ideas coas cores máis en tendencia desta primavera, para que empecedes a soñar a toda cor.
VERY PERI: A COR DO ANO
Pantone presentou a súa cor para este ano 2022, o Very Peri. Trátase dunha tonalidade entre lavanda e celeste, que chega para aportarnos calma nestes tempos caóticos nos que vivimos. Aquí vos lanzamos algunhas propostas que poderedes atopar nalgunhas das nosas tendas.
O BRANCO: APOSTA SEGURA
Se hai algunha cor que se caracterice por achegarnos ao calor do verán e do sol, ese é o branco. Tamén é a cor da pureza e a perfección, polo que resultará un acerto seguro prácticamente en calquiera ocasión.
TODO AO ROSA
Unha boa idea será invertir nunha prenda desta cor tan favorecedora, que además resulta que está de tendencia tempada tras tempada. Propostas? Todo tipo de prendas e complementos serán unha boa opción.
TONOS PASTEL: ESCOLLE O QUE PREFIRAS
Cal é o teu pastel favorito? Poderás escoller entre o lavanda, o verde, o amarelo, o rosa empolvado ou o azul. Son os tonos que máis se verán nesta primavera.
COLOR BLOCK: ATRÉVESTE?
As cores poderosas e saturadas enfróntanse aos tonos pastel, e incluso fusiónanse con eles. Veremos arriscadas combinacións de cores e gamas cromáticas fortes que nos cargarán de enerxía e nos ayudarán a sentirnos ben con nós mesmos.
E ahora que xa coñeces as cores en tendencia… Agora só che falta escoller con cal quedas e vir a Cancelas a facerte coas nosas prendas!