Receitas Saudables As Cancelas (I)
Receitas Saudables As Cancelas (I): Tortitas ou crepes de espelta
A alimentación inflúe no noso estado de ánimo, o aspecto da nosa pel, pelo, uñas… e por suposto unha correcta alimentación axúdanos a manternos sans e saudables. O almorzo é a comida máis importante do día porque é fundamental que empecemos a xornada con enerxía, e para iso debemos elixir alimentos de lenta asimilación que nos acheguen os nutrientes adecuados.
Hoxe quero compartir convosco una das receitas máis sinxelas e saudables polas que adoito optar á hora de almorzar. Só necesitades 6 ingredientes, que podedes atopar en Carrefour e dez minutos do voso tempo.
Tortitas ou crepes de espelta
Ingredientes:
1 ovo
5 culleradas de leite de améndoas
5 culleradas de fariña integral de espelta ou de avena
ralladura de limón
1 plátano
1 cucharadita de canela en po
Elaboración
Só hai que bater todos os ingredientes na batidora ata conseguir unha mestura homoxénea.
Despois quentades un chorrito de aceite nunha tixola, retirando o exceso cun papel. Cando estea á temperatura adecuada vertéis parte da mestura movendo a tixola para estendela (máis ou menos dependendo do grosor que busquedes). Posteriormente baixades o lume, deixades que se faga polos dous lados e listo!
Podédela servir cun pouco de mel ou iogur para darlle un mellor aspecto e endulzarla.