Rebaixas As Cancelas 2016

Publicado o 11 de Xaneiro de 2016

No noso país as rebaixas xorden por mor da rivalidade existente entre as galerías prezados e o corte inglés e permiten aos comercios dar saída a todo o excedente da tempada a un prezo atractivo.

Aínda que cada día é máis frecuente que se ofrezan descontos fóra das épocas tradicionalmente establecidas ou que mesmo se rebaixen algunhas pezas practicamente durante todo o ano, o certo é que o pistoletazo de saída das rebaixas con maiúsculas prodúcese cada ano o 7 de xaneiro.

Por iso desde o pasado xoves o centro comercial loce máis colorado do habitual. Se hai un cartel que se repite ao longo das cancelas é o que informa de descontos de ata o 50%. Aínda que hai comercios que como Sfera xa están coas 2as rebaixas ou que como women secret ofrecen descontos de ata o 70%.

Se queredes afrontar con éxito este período debedes ter en conta unha serie de consellos:

-Fixarse un orzamento.

-Elaborar unha lista e incluír nela as pezas que necesitemos (WHISLIST).

-Reservar unha pequena cantidade para comprarnos un capricho aproveitando as 2as rebaixas.

-Ter clara a política de cambios e devolucións do local onde compremos.

Conservar o ticket de compra.

-Aproveitar para comprar artigos que durante o resto do ano teñen un prezo máis elevado, por exemplo pezas de abrigo ou bolsos e zapatos de marcas que durante o resto do ano teñen prezos prohibitivos.

-Comprobar a calidade e o desconto (a diferenza entre o prezo anterior e o actual).

Compara prezos.