Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Todo preparado para a volta ao cole?

Aínda que aos alumnos de primaria e secundaria aínda lles quedan uns días de vacacións, parte dos pequenos da casa comezan estes días un novo curso escolar cargado de emocións, nervios, alegría e novas experiencias por vivir ao longo dos próximos nove meses. Logo das, para algúns, longas vacacións de verán, a maioría dos nenos volven ao pupitre moi ilusionados por reencontrarse cos seus compañeiros, pero detrás deses sorrisos nerviosos do primeiro día de clase atópanse uns pais e unhas nais que deben aplicarse ao máximo para que todo estea a punto para o novo curso. Libros, uniformes, zapatos, mochilas, material escolar ou mandilóns, forman parte dunha longa lista de compras necesarias que fan que as contas correntes das familias afronten setembro como un dos seus peores momento do ano.

Hoxe no blog de As Cancelas dámosche unha serie de consellos para preparar á perfección a volta ao cole e tamén facemos un repaso dos mellores prezos e descontos nos produtos clave da lista de necesidades.

newsletter_1020X352_Cole_gl

Empezamos cos uniformes, xa que para os colexios nos que sexa obrigatorio o seu uso, convértense nunha das partidas máis importantes do orzamento da volta ao cole. Se se aproveitan os que lles quedaron pequenos a irmáns ou curmáns, o gasto pódese reducir bastante. No caso de que che toque facerte cun novo, cómprao unha talla máis grande para evitar que se lle quede pequeno ao neno a metade de curso. Para as pezas que se gastan antes como polos, xerseis ou chaquetas, en Carrefour podemos atopar ofertas moi interesantes como dous polos brancos de manga curta por 5,99€, xerseis básicos de distintas cores desde 7,99€ ou chaquetas desde 12€.

Uniformes

A xogo co uniforme, e para aguantar horas e horas de clases e recreos, uns zapatos todoterreo adaptados ao ritmo dos benxamíns da casa. Aínda que nos uniformes recoméndase comprar unha talla de máis para que duren todo o curso, co calzado é importante que sexa cómodo e da talla do neno, xa que se atopan inmersos nunha etapa de crecemento na que a mala elección do calzado pode influenciar de forma negativa o correcto desenvolvemento dos seus pés.

Zapatos Uniforme

Zapatos colexiais unisex de pel con pechadura de tira auto adherente, de Carrefour: antes 19,99€, agora 17€.
Zapato colexial nena de pel con pechadura de velcro e goma resistente, de Merkal Calzados: antes 27€, agora 18,99€. (Desconto do 10% en Merkal Calzados utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Zapato colexial neno de pel con pechadura de fibela e correa axustable de velcro, de Merkal Calzados: antes 27€, agora 18,99€. (Desconto do 10% en Merkal Calzados utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Merceditas colexiais nena de pel con pechadura de tira auto adherente, de Carrefour: antes 19,99€, agora 17€.

Para manter a salvo de pinturas, acuarelas e rotuladores a roupa dos máis pequenos, non pode faltar na lista o clásico mandilón ou baby, que podemos atopar en Carrefour nas cores vermello e verde, ademais dos xa tradicionais azul e rosa, por 8,99€. Non esquezas marcalos co nome do neno, xa que é unha peza que moitos compañeiros terán igual e hai moitas posibilidades de que se leven de volta a casa un equivocado.

A compra dos libros realízase cada ano con máis antelación para atopar os mellores descontos e intentar repartir máis o gasto en distintos meses, polo que a estas alturas é un tema que a maioría das familias teñen solucionado. Pero da man dos libros, entra en xogo o papel da mochila que acompañará ao neno durante todo o curso, polo que a súa elección non debe realizarse ao azar. As máis adecuadas son as que levan fixación no peito e na cintura, para mellorar a postura e a posición das costas. Ademais, é recomendable que conten cun respaldo con acolchamento e con tirantes anchos e axustables. Nunca debe ir demasiado baixa e o peso do seu contido non debe superar os 10 kg, que debe repartirse nos distintos petos e compartimentos para que vaia mellor distribuído.

Mochilas1

Mochila rosa estampada, de Décimas: 12,99€ (Desconto do 10% en Décimas utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Estoxo azul, de Décimas: 2,99€ (Desconto do 10% en Décimas utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Marcador de roupa infantil e de libros, de Imaginarium: 19,95€ (Desconto do 10% a partir de compras de máis de 30€ en Imaginarium utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Mochila College Bronx, de Décimas: 12,99€ (Desconto do 10% en Décimas utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).

Mochilas 2

Mochila con compartimentos apta para carriño, de Imaginarium: 37,95€ (Desconto do 10% a partir de compras de máis de 30€ en Imaginarium utilizando a Tarxeta Premium das Cancelas para produtos non rebaixados).
Mochila Eastpak gris, de Sport Zone: 49,90€.
Mochila Doone rosa, de Sport Zone: 7,99€.

As de bandoleira están desaconselladas xa que desequilibran todo o peso concentrándoo nun só ombreiro. As mochilas de rodas con altura regulable contémplanse como unha boa opción para non cargar tanto peso nas costas, evitando así lesións innecesarias. Dentro do apartado mochilas tamén incluímos as bolsas da merenda dos máis pequenos e os sacos para levar roupa de cambio a gardarías e escolas infantís.

Preescolar

Mochila de loneta impermeabilizada, forrada e con costuras reforzadas, de Imaginarium: 14,95€ (Desconto do 10% a partir de compras de máis de 30€ en Imaginarium utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Botella con tapa e vertedoiro especial anti-goteo, de Imaginarium: 8,95€ (Desconto do 10% a partir de compras de máis de 30€ en Imaginarium utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).
Bata sen mangas de plástico, de Imaginarium: 4,95€ (Desconto do 10% a partir de compras de máis de 30€ en Imaginarium utilizando a Tarxeta Premium de As Cancelas para produtos non rebaixados).

Para as clases de ximnasia ou as actividades extraescolares deportivas, é necesario contar con varios conxuntos de deporte xa que polo menos, adoitan utilizalos un par de veces por semana. En Sport Zone podes atopar packs do máis económicos que te sacarán de máis dun apuro, como o composto por pantalón e camiseta de deporte, por só 5,99€, ou o de mochila máis bolsa para roupa, merenda ou calzado, do mesmo prezo.

Sportzone

O momento chándal admite múltiples combinacións, xa que facéndonos cun par de pantalóns básicos de algodón e 3 ou 4 chaquetas o xerseis, teremos solucionadas todas as clases de ximnasia do curso. En Décimas queren axudarte a vestir a volta ao cole, por iso se compras dúas unidades da nova colección Kids, levas a segunda cun 50% de desconto.

décimas_600-559x400

Combina as pezas como queiras, tanto para neno, como para nena. Os xerseis teñen un prezo unitario de 9,99€ e os pantalóns, dispoñibles en varias cores, de 7,99€.

Para os que non se perden nin un só capítulo das aventuras de Ryder, Chase, Marshall, Rocky, Zuma, Rubble e Sky, en C&A podemos atopar un conxunto de ‘La patrulla canina’, cuxa chaqueta ten un prezo de 17,90€ e o pantalón de 14,90€. As zapatillas son o modelo Snice 4 de Adidas e custan 29,95€.

Patrulla Canina

Os apaixonados da saga de ‘La guerra de las galaxias’ quererán ter clase de ximnasia todos os días para lucir esta divertida camiseta de C&A (6,90€), que ademais combina á perfección co xersei (14,95€) e o pantalón (12,95€) de Benetton, e as zapatillas LK Trainer de Adidas (29,99€).

Chandal Star Wars

Para que a volta non sexa tan dura para os nenos, é recomendable organizarse e ir procurando retomar a rutina de horarios un par de semanas antes, mandándoos a durmir un pouco máis pronto todos os días e cambiando aos poucos os hábitos da vida do verán, así a transición das vacacións á volta ao cole será máis levadía. A noite anterior ao primeiro día de clase, procura deixar preparado o uniforme e a mochila, para non deixar todo para última hora e evitar así o estrés. Se seguiches os nosos consellos, cando chegue o día da volta ás clases será, coser e cantar!